Tuesday 30 de April de 2024

O Concello de Ordes procede coa modernización e a construción de novos puntos de venda da praza de abastos


As obras rematarán antes do día 30. Forman parte do proxecto reformado de adecuación e modernización do mercado, inciado o pasado ano

O Concello de Ordes vén de continuar coas obras de remodelación da praza de abastos, ubicada no centro da vila. Concretamente está a proceder coa construción de dous novos postos con mostradores a ambos lados, no espazo diáfano ubicado na parte central da pranta baixa do inmoble. Unhas melloras que se unen á instalación dun novo almacén para uso dos locais xa existentes. Según as datas establecidas o conxunto de obras estarán rematadas antes do día 30 deste mes. Ao respecto o Concello concluíu recentemente o prazo de solicitude de novas licencias de actividade comercial para a dita praza, rexistrándose un total de 7 demandas para instalar postos de venda. Concretamente trátase de 2 peixarías, 2 froitarías, 1 queixería, 1 carnizaría e 1 floraría.
Todas estas tarefas forman parte do proxecto de adecuación e modernización do mercado, que ten un orzamento total de 150.000 euros e que xa se leva executado ao longo de distintas fases non últimos meses. A cifra está subvencionada no seu 80% pola Consellería de Economía e Industria.
As obras inclúen tanto a remodelación externa do inmoble como a construcción e remodelación de espazos interiores, que para unha maior optimización e aproveitamento obrigou a reformar o proxecto inicial. Estas últimas decisións incluíron a modificación da finalidade dos espazos situados na primeira pranta, como é o caso da zona central e dos habitáculos da primeira pranta. Estes compatibilizarán actividades relacionadas con degustacións, eventos culinarios, exposicións, cursos formativos, obradoiros etc, coa instalación temporal de vendas e ‘outlets’ para outros comercios da zona.
O proxecto completo inclúe o acondicionamento de accesos directos para persoas con movilidade reducida, aseos para calquer tipo de usuario, fiestras con carpintería con rotura de ponte térmica e vidro dobre illante de baixa emisividade, novas beirarrúas arredor da edificación, bolardos e xardineiras novas. Tamén se tapiaron os muelles de carga que estaban en desuso e restauráronse as súas portas de acceso, limpeza da fachada e da cuberta do edificio, tratamento funcixida á pedra, colocación de canalóns e cumieiras na cuberta, ademais de dotarse ao inmoble dos elementos precisos para reducir o consumo eléctrico.

O Concello de Ordes estima que todas estas melloras nos equipamentos públicos constitúen un elemento clave para o desenvolvemento do seu comercio, polo que considera de “gran importancia” dita intervención. Según palabras de Manuel Regos, alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade, “esta remodelación supón un incentivo e a nosa aposta polo comercio de proximidade”.